IGREXA PARROQUIAL DE SAN ANDRÉS DE BARRANTES

Relixioso
1203
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Barrantes (Santo André)

Lugar: Barrantes

Rúa A Igrexa

36636  Ribadumia - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 40.0" N - 8º 45' 45.0" W

Descrición

A igrexa parroquial de Barrantes, baixo a advocación de Santo André, data do século XII, aínda que son poucos os seus restos románicos polas transformacións posteriores que sufriu. Así, de estilo plateresco, de principios do XVI, consérvanse as 4 pezas sobre arcos conopiais dun antigo baldaquino no cemiterio contiguo e, de estilo barroco, de finais do século XVII, destacan a fachada occidental, a balaustrada das escaleiras de acceso e a parte frontal do coro.

Acceso

Situada a 1 km do núcleo urbano de Barrantes, no Lugar da Igrexa.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba