Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SANTA CLARA&body=Recoméndoche que leas a información SANTA CLARA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5225/santa-clara?langId=gl_ES
Construción barroca de mediados do século XVIII de grandes dimensións en perpiaños.
A fachada caracterízase pola súa planitude e racionalidade escurialense, sendo o único lugar de decoración o soportal da entrada. O claustro foi realizado polo arquitecto fray Domingo Antonio de Puga. Componse de galerías organizadas por 72 arcos de medio punto entre pilastras. A igrexa foi concibida con deseño austero en planta e alzado. A portada concentra o maior despregamento ornamental do edificio. Presenta unha decoración xeométrica, sendo unha simplificación da portada do convento de Santa Clara da cidade de Santiago.
A porta está rodeada por un marco reafundido, creándose o claroscuro típico do barroco. No lintel destaca unha vieira. Sobre a entrada sitúase unha fornela que alberga a imaxe de Santa Clara; a un nivel superior obsérvase unha ventá e a imaxe do Padre Eterno, rodeado de volutas, nubes e coroado co triángulo simbólico da Trinidad.
No seu interior presenta unha planta en cruz latina, con nave de dous tramos, cruceiro e presbiterio rectangular.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.