IGREXA DE SANTA MARÍA DE PENAMAIOR

Relixioso
1289

Localización

Parroquia: Penamaior (Santa María de San Lourenzo)

27695  Becerreá - Lugo

Coordenadas:
42º 52' 37.0" N - 7º 12' 28.0" W

Descrición

É o único resto conservado do Mosteiro que foi construído no s. XII. De estilo románico, é de planta basilical con tres naves e tres ábsidas, semicirculares os laterais e de traza notable o central, xa que o exterior é poligonal e o interior semicircular. As naves están divididas en catro compartimentos mediante piares. Os arcos de ingreso ás capelas absidais son de medio punto, arrancando de semicolumnas pegadas con capiteis de traza compostelana. As naves carecen de bóvedas, aínda que hai indicios de que as tiveron, e nas ábsidas, bóvedas de medio canón rematadas en casca. Ao exterior ventás con arcos de medio punto, sobre columnas con capiteis de variada ornamentación. A fachada, reformada no s. XVII, conserva a primitiva portada de arquivoltas semicirculares que arrancan de columnas acodilladas nas xambas. Enriba, un ventanal correspondendo á nave central, e outras dúas a lados. Pilastras pegadas enmarcan a portada e sinalan os vans das naves. Coroa unha sinxela espadaña que fai de campanario.
Arriba