SANTA CLARA

Relixioso
2886
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Lugar: Ribadeo

Rúa Clemente Martínez Pasarón

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 06.0" N - 7º 02' 22.9" W

Descrición

Trátase dun conxunto arquitectónico que orixinariamente era un beaterio fundado no século XI, transformándose en convento no S. XIV (1366). 

O conxunto foi practicamente destruído por mor dun incendio no século XVI (1544).  
No 1809 foi gravemente danado e sufriu a perda dunha boa parte do seu arquivo ao ser ocupado, durante a guerra da Independencia, polas tropas de Napoleón.   
Actualmente o convento está formado por un edificio rectangular  que conserva no seu interior a estrutura orixinal. A igrexa consta dunha soa nave con arco triunfal que dá paso ao presbiterio. 

O claustro central,  do século XVIII, forma un cadrado con arcos de medio punto no primeiro piso e o teito é de artesoado sinxelo.
Sobre o lintel de granito da porta de entrada hai unha inscrición que di ”Haec est domus paupertatis” (esta é a casa da pobreza), palabras que mandou poñer Santa Clara na porta dos seus mosteiros.

Acceso

Na mesma vila de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Estilos

Románico

Orden Relixiosa

Clarisas
Arriba