CAPELA DE SAN ALBERTE

Relixioso
2568
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Breixo de Parga (San Breixo)

27388  Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 10' 16.9" N - 7º 47' 40.9" W

Descrición

Capela gótica de grandes dimensións fabricada en bo cadeirado de granito e que consta de nave rectangular e capela maior, con cuberta de lousa a dúas e catro augas, respectivamente. Fachada do s. XVIII con porta de arco alintelado e sinxela espadana de único van con remates neoclásicos, quedando do primitivo estilo tan só unha ventá oxival con tracerías de estilo salomónico. Exteriormente hai oito grandes contrafortes e canecillos no aleiro, algúns figurados. Porta lateral dereita de arco de medio punto, lixeiramente apuntado. Interior: bóveda sexpartita con engadido de dous nervios na capela maior, orixinándose 6 nas columnas e 2 en ménsulas, con artísticos capiteis; imaxe gótica do s. XIII de Santo Alberto e outros talles do XVIII, e retablo lateral moderno. Enmarcada nun belo ámbito natural, nas proximidades hai unha fonte con frontis renacentista e bolas de pedra, unha ponte gótica sobre o río Parga e os restos dun antigo hospital de peregrinos a Santiago. Neste marco celébrase anualmente a famosa romaxe de Santo Alberte.

Acceso

Dende o núcleo de Guitiriz toma a estrada N-VI en dirección a Lugo, e á altura do Km. 531, a uns 10 Km., toma un desvío á dereita que cruza unha ponte sobre o río Parga, e a poucos metros xa vemos a capela a man dereita.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!