IGREXA PARROQUIAL DE SAN BREIXO DE PARGA

Relixioso
1266
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Breixo de Parga (San Breixo)

Lugar: A Eirexe 8

27388  Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 09' 36.0" N - 7º 48' 51.9" W

Descrición

Edificio que conserva restos románicos construída posiblemente a finais de o s. XII con modificacións posteriores dos séculos XVIII e XIX, en que se fixo a fachada e a capela maior, respectivamente. Do s. XII resta un anaco de muro derrubado ao lado esquerdo do edificio cun pequeno ventanal e varios canecillos sinxelos. Fabricada en cadeirado de granito e con cuberta de lousa a dúas augas en nave rectangular e a catro augas en capela maior cuadrangular. Sancristía pegada en lateral esquerdo. Frontis con porta alintelada, ventá rectangular central e espadana de dobre corpo e dobre van. Interior: arco triunfal de medio punto, pila bautismal con capitel románico, retablo maior barroco do s. XVIII e outros dous retablos de fins do XVIII, con varios talles dos ss. XVII e XVIII. Varias lápidas sepulcrais fronte á fachada principal, con inscricións funerarias. Adro murado con cachotería granítica sobre o que se sitúan sete cruces de pedra, restos do antigo Vía-crucis, e un recente cruceiro con mesa. Casa rectoral restaurada próxima.

Acceso

Cruzando a ponte de Parga cara á igrexa de Santo Esteban cóllese a pista da esquerda que segue dous quilómetros.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba