IGREXA DE SAN CIBRAO DE REPOSTERÍA

Relixioso
1174
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Cibrao da Repostería (San Cibrao)

Lugar: San Cibrao

27203  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 51' 12.9" N - 7º 55' 20.9" W

Descrición

Igrexa románica do s. XII con profundas reformas posteriores no s. XIX, conservando tan só a nave da súa primitiva traza, xa que tanto ábsida como arco toral desapareceron. É de planta rectangular e está fabricada con muros de cachotaría e cadeirado granítico, con cuberta de tella a dúas augas. Frontis con porta principal de arco de medio punto oculto por un lintel pentagonal, cunha cruz incisa de dobre trazo transversal, culminando nunha espadana dun só van. No lateral sur presenta outra porta de arco de medio punto con tímpano decorado cunha cruz de oito brazos inscrita nun círculo. Interior: arco triunfal con aresta de bocel, retablo maior neoclásico e retablo lateral norte barroco.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba