IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE CARBALLAL

Relixioso
910
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Carballal (San Sebastián)

Lugar: O Carballal de Abaixo

27208  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 52' 06.9" N - 7º 53' 12.9" W

Descrición

Edificio románico que foi reformado no século XIX. Ten unha planta rectangular formada por unha nave e un presbiterio rectangulares, de proporcións similares. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta a dúas augas. O pavimento interior está formado a partir de laxes de granito. O presbiterio e a nave sepáranse por medio dun arco triunfal de medio punto. Só conserva da fábrica románica a portada principal e unha portada no lateral dereito da nave, tapiada na actualidade. A portada principal ten dúas arquivoltas con moldura saínte de axedrezado, impostas con diferentes motivos xeométricos, e un par de columnas acodilladas con capiteis decorados con motivos zoomorfos e antropomorfos. O tímpano ten un lazo cruciforme semiinscrito nun círculo. A portada lateral dispón de dúas arquivoltas de baquetón, a exterior con ampla escocia protexida con franxa de billetes. No tellado da nave conserva un bo número de canecillos.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!