IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE MERLÁN

Relixioso
859
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Merlán (San Salvador)

Lugar: Merlán

27205  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 56' 33.0" N - 7º 52' 20.9" W

Descrición

Igrexa do século XII, con reformas dos séculos XV ou XVI, que perdeu grande parte dos elementos románicos. A nave é rectangular, os muros de cadeirado e cachotaría de granito e a cuberta de tella a dúas augas. A fachada principal, coroada por unha espadaña dun só van, ten unha porta con arco de medio punto e un pórtico pegado con muro cego no lateral norte e columnas e piares nos dous restantes, que sosteñen un tellado de lousa a tres augas. A ábsida é rectangular, máis baixa e estreita que a nave, con arco triunfal de medio punto en aresta, que no interior conserva restos de pinturas murais renacentistas.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba