Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOBO DE NOVELÚA&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOBO DE NOVELÚA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5423/igrexa-parroquial-de-san-cristobo-de-novelua?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Novelúa (San Cristovo)
Lugar: Novelúa
27568 Monterroso - Lugo
Edificio singular, ao tratarse dunha igrexa-fortificación dos séculos XII e XIII, con reformas sufridas no XVII e XVIII. Conserva íntegra a construción románica. Os muros son integramente de cantería de granito e descargan o seu peso sobre contrafortes que reforzan os laterais da nave. A cuberta é a dúas augas e nela interveñen a lousa e a tella. Entre ela e os muros consérvanse canzorros en remate de proa. Está dividida en varios tramos: cabido, prenave ou pórtico, nave e ábsida semicircular elevada sobre base pétrea.
Accédese ao cabido a partir dunha porta alintelada, e de aquí pásase á prenave. Alí ábrense senllas portas con arcos de medio punto. A portada principal ten arco de medio punto abucinado, con tres arquivoltas con columnas de tres ordes, chapiteis variados e mochetas decoradas que pechan o tímpano alintelado. No frontis érguese unha torre-campanario de tres corpos (o superior de estilo barroco) que lle outorga o carácter de arquitectura defensiva ao conxunto. No corpo inferior ábrese un van cadrado cinguido por dúas columnas de rudos fustes e capiteis.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.