IGREXA DE SANTA MARÍA DE CAMPORRAMIRO

Relixioso
1078
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Camporramiro (Santa María)

Lugar: A Cancela

27514  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 31.0" N - 7º 44' 58.9" W

Descrición

Edificio de principios do século XII, sancristía do XVIII e espadana do XX.
Muros de cantería de granito e cuberta de tella a dúas augas.
A ábsida está conformada por unha bóveda de canón. O arco triunfal con peralte, ademais de columnas apegadas e capiteis con decoración vexetal.
Entre os canzorros consérvanse algunhas rosetas. A portada principal ten arco de medio punto algo peraltado, con arquivolta de arcos dobres e bandas. Os capiteis teñen trenzados e machetas con cabezas humanas e remata o conxunto un tímpano liso.

Acceso

En Chantada tomar a LU-P-1801 en dirección aos Peares. A 2 km aproximadamente coller un desvío á dereita. A igrexa atópase a 1 km do cruzamento, ao lado dereito da estrada.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba