IGREXA PARROQUIAL DE SAN XURXO DE ASMA

Relixioso
557
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xurxo de Asma (San Xurxo)

Lugar: Centulle

27518  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 00.9" N - 7º 47' 04.9" W

Descrición

Obra realizada no ano 1881. A súa planta é rectangular, formada por nave e capela maior, coa cuberta de tella a tres vertentes. Na fachada principal ten un balcón na parte alta, e sobre este un campanario con catro vans e rematado cun cupulín con floróns. O retablo maior da igrexa é unha obra de estilo neoclásico, realizada no ano 1892.

Acceso

Partindo de Chantada pola LU-213 en dirección Rodeiro, a uns 2 km.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!