Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE SALCEDA&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE SALCEDA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5532/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-salceda?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Igrexa parroquial reedificada no ano 1769 sobre a fábrica do antigo mosteiro fundado no ano 914. É unha obra artística de estilo toscano con torre lateral á que se accede a través dunha escaleira exterior. Destaca a portada norte de acceso ao interior do templo tamén coñecida como a Porta da Raíña, en memoria da raíña Aragonta, esposa de Ordoño II (914-924) quen, ligada a unha dramática historia de amor acharía refuxio neste mosteiro. No interior do templo recóllese unha inscrición funeraria do ano 943 que reza o seguinte texto "in hoc tvmvlo requiescit famvlvs dei Hermegildus qui obiit die quinta feira nonas novembris era DCCCCLXXXI fratres et sorores orate pro nos" (Neste sarcófago xace o servo de Dios Hermenegildo que faleceu o día 2 de novembro do 943. Irmáns e irmás pregade por nós).
Na igrexa pódense observar elementos arquitectónicos pertencentes o antigo mosteiro, tales como as pedras que forman o teito ou a pequena bóveda da sacristía, e como elemento relevante, na clave da cúpula da sacristía hai unha roseta que é o símbolo de moitos canteiros do Baixo Miño.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.