IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE SALCEDA

Relixioso
1204

Localización

Parroquia: Santa María de Salceda (Santa María)

Lugar: O Barral

36472  Salceda de Caselas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 38.9" N - 8º 33' 02.0" W

Descrición

Igrexa parroquial reedificada no ano 1769 sobre a fábrica do antigo mosteiro fundado no ano 914. É unha obra artística de estilo toscano con torre lateral á que se accede a través dunha escaleira exterior. Destaca a portada norte de acceso ao interior do templo tamén coñecida como a Porta da Raíña, en memoria da raíña Aragonta, esposa de Ordoño II (914-924) quen, ligada a unha dramática historia de amor acharía refuxio neste mosteiro. No interior do templo recóllese unha inscrición funeraria do ano 943 que reza o seguinte texto "in hoc tvmvlo requiescit famvlvs dei Hermegildus qui obiit die quinta feira nonas novembris era DCCCCLXXXI fratres et sorores orate pro nos" (Neste sarcófago xace o servo de Dios Hermenegildo que faleceu o día 2 de novembro do 943. Irmáns e irmás pregade por nós).

Na igrexa pódense observar elementos arquitectónicos pertencentes o antigo mosteiro, tales como as pedras que forman o teito ou a pequena bóveda da sacristía, e como elemento relevante, na clave da cúpula da sacristía hai unha roseta que é o símbolo de moitos canteiros do Baixo Miño.

Arriba