ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN

Relixioso
632

Localización

Parroquia: Pesqueiras (Santa Mariña)

Lugar: O Outeiriño

36456  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 15.0" N - 8º 29' 24.9" W

Descrición

A Ermida da Nosa Señora da Asunción sitúase no cume do Monte Castelo, sobre o soar dun antigo castro romanizado, encravada nunha enorme pena granítica de singular beleza. O acceso ao seu interior faise a través dun pórtico realizado en pedra con arco apuntado de medio punto culminado por pequena estrutura a xeito de torre espadaña. No seu interior pódense admirar diversos signos de forma serpentiforme, así como gravados que asemellan ferraduras nunha situación próxima ao altar. Segundo a tradición popular reza unha lenda que di: "No teitume da Ermida existe unha cruz, que aínda que se intenta borrar, reaparece sempre de novo".
Arriba
Axúdanos a mellorar!