IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO

Relixioso
465
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santiago de Mondoñedo (Santiago)

Rúa Casas Novas 1

27740  Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 25' 48.0" N - 7º 21' 47.9" W

Descrición

Igrexa de planta de cruz latina, con cruceiro ben marcado e cabeceira rematada en ábsida semicircular, fabricada en cadeirado granítico e cuberta con lousa, que comeza a construirse en 1890 baixo o patrocinio do Bispo Fernández de Castro e baixo a dirección do arquitecto provincial Nemesio Cobreros. As súas obras remátanse no ano 1900 e conságrase en 1901. A súa construción obedece á iniciativa do Bispo Fernández de dotar a parroquia de Santiago de sede propia (ata entón atopábase na Catedral) e para poñer fin aos enfrontamentos entre o párroco e os capitulares. Frontis sinxelo con grandes ventanais oxivais e esvelta torre central. Interior: retablos neogóticos con esculturas modernas, de consonancia co ton do edificio. Dende o amplo adro que circunvala esta igrexa obtense unha boa panorámica do val mindoniense. Constitúe unha das igrexas máis interesantes do estilo neogótico de Galicia. Como en Mondoñedo todas as edificacións son vellas, e este templo é moderno, coñéceselle popularmente como "Igrexa Nova".

Acceso

Está no centro urbano de Mondoñedo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!