IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE VIVEIRO

Relixioso
600

Localización

Parroquia: San Pedro de Viveiro (San Pedro)

Lugar: A Igrexa

27866  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 37' 28.9" N - 7º 35' 17.9" W

Descrición

Igrexa románica declarada Monumento Nacional, reedificada no século IX, ampliada no século XII e reformada nos séculos XVII e XX, de estilo románico moi puro. Destacan as súas fachadas laterais de pedra con variados canzorros de formas variadas nos beirados. Na ábsida, sobre o beirado chaman a atención un cordón labrado e unha roseta esculpida sobre a ventá central, así como curiosos canzorros. No interior, pía bautismal, diferentes retablos e interesante inscrición epigráfica no muro lateral esquerdo.

Acceso

Desde Viveiro dirixirse pola estrada LU-540 en dirección a Vilalba-Lugo; en Landrove está o desvío á esquerda pola estrada LU-161 cara a Mondoñedo. Despois tomamos a primeira desviación á esquerda e a 500 metros atopamos a igrexa á man dereita.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!