ERMIDA DE SAN ROQUE

Relixioso
1006

Localización

15250  Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 21.0" N - 9º 03' 28.0" W

Descrición

A edificación actual, datada en 1765 segundo o cardeal Hoyos, foi reedificada sobre outra igrexa existente datada en 1609. A capela é moi sinxela, composta por unha soa nave traducida ao exterior nunha planta rectangular, dividida en tres tramos por arcos de medio punto que sosteñen unha cuberta a dúas augas. A capela maior da cabeceira, de planta cadrada e cuberta con bóveda de aresta, acada maior altura que a nave principal, sobresaíndo volumetricamente ao exterior, cunha cuberta a catro augas. Destaca no exterior a porta lateral no lado do Evanxeo, cunha pequena escalinata de acceso, portada de arco de medio punto rematada cun frontón triangular e dúas pilastras estriadas nos laterais.
Foi construída en honor a san Roque, santo que goza de gran popularidade na actualidade en todo o municipio. No interior destaca a imaxe do santo, que se sacaba en procesión o día 16 de agosto, acompañada por innumerables persoas cubertas cun hábito e capuchón para desta forma homenaxealo e pedirlle o seu favor.

Acceso

No mesmo núcleo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!