CAPELA DA NOSA SEÑORA DAS ANGUSTIAS

Relixioso
1344

Localización

Parroquia: Muros (San Pedro)

Lugar: Muros

Rúa Hospital s/n

15250  Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 26.9" N - 9º 03' 33.0" W

Descrición

Fundada no ano 1657, esta capela presenta bóveda de cantería que descansa sobre dous corpos compostos de columnas e arcos perfectamente dispostos e labrados; na súa fronte álzase un altar e a ambos os lados unha pequena sepultura baixo un pequeno arco en cuxo fondo destaca un escudo.
Formaba parte da antiga igrexa parroquial de San Pedro, que se atopaba situada extra muros da vila.

Acceso

No mesmo núcleo.
Arriba