IGREXA DE SAN XES

Relixioso
1103

Localización

Parroquia: San Xes da Peroxa (San Xes)

Lugar: San Xes

32151  A Peroxa - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 51.9" N - 7º 48' 06.0" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco (1761). Planta única e ábsida rectangular. Cuberta a dous e a catro augas respectivamente, rematadas en pináculos. O recinto exterior está constituído polo cemiterio e as dependencias señoriais.

Interesante fachada decorada con motivos xeométricos sobre a que se alza unha torre con campanario de lanterna. No interior, retablos e imaxes frecuentes no barroco rural galego.

Arriba