CAPELA DE SAN ROQUE

Relixioso
513
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso)

Lugar: San Cibrao das Viñas

32911  San Cibrao das Viñas - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 39.0" N - 7º 52' 22.9" W

Descrición

No núcleo de San Cibrao, camiñando por terreo empedrado, atopamos un claro exemplo do románico rural na capela do Santo Cristo. Data do século XII, e o modo de construción é de cantería isodoma. Presenta planta rectangular, unha soa nave e tellado a dúas augas. Conta cunha porta principal e outra auxiliar polo lateral dereito. A porta de acceso á nave está composta por un arco de medio punto con grandes doelas de pedra. A ambos os laterais podemos observar varios canzorros como elementos decorativos exteriores.

Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!