IGREXA DE PAZOS DE SAN CLODIO

Relixioso
354
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pazos de San Clodio (San Clodio)

Lugar: Pazos de San Clodio

32900  San Cibrao das Viñas - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 48.9" N - 7º 48' 38.0" W

Descrición

Igrexa románica, situada entre a vila e o polígono industrial, que conta cun estilo claramente románico, atribuído ao século XII, e na que destaca a asimetría da fachada. Presenta un relevo pétreo e un tímpano románico lobulado no que aparece representada a figura de Sansón sentado sobre unha fera que permanece tumbada. No fondo da nave ábrese unha fiestra románica de arquivoltas semicirculares peraltadas.

No testeiro, Agnus Dei con cruz románica de entrelazo e cruz grega. O Agnus Dei, no cristianismo, referíase a Cristo como vítima ofrecida en sacrificio polos pecados do home, a semellanza do cordeiro que era sacrificado e consumido polos xudeus durante a conmemoración anual da Pascua.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!