IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE LESTEDO

Relixioso
257
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lestedo (Santa María)

Lugar: Lestedo

Rúa Pedro Ballesteros

15881  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 04.9" N - 8º 28' 01.9" W

Descrición

Construída no s. XX. Ten unha nave de planta de cruz latina. As ventás adquiren forma de arco apuntado. Campanario cadrado, de dous corpos rematado por unha cúpula. No seu interior hai unha cruz, do primeiro terzo do s. XVIII, obra de Domingo González, que presenta as figuras de Cristo e os catro evanxelistas por un lado e a da Virxe da Asunción rodeada de anxos por outro.

Acceso

Dende a capital municipal seguir a AC-960 dirección Sergude, xirar no Feal á esquerda e no seguinte cruce xirar á dereita dirección Pico Sacro. Seguir esta estrada durante 5,2 km. e pasado o Pavillón Polideportivo de Lestedo, no seguinte cruce xirar pola segunda estrada á dereita, a escasos metros atópase a igrexa.
Dende Santiago tómase a N-525 dirección á Ourense, a 13 km está Lestedo, unha vez en Lestedo xire á esquerda bordeando o cruceiro e siga a estrada, en escasos metros atópase a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba