IGREXA PARROQUIAL DE SAN PAIO DE PARADELA

Relixioso
198
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Paradela (San Paio)

Lugar: Paradela

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 42.9" N - 7º 57' 19.0" W

Descrición

Construída en pedra revogada, a planta é de forma rectangular. A cuberta é de tella a dúas augas con pináculos nos extremos. A fachada ten a porta alintelada na parte superior e óculo central. A espadana campanario é de dous vans, rematada cun triángulo oco con pináculos.

Acceso

Partindo de Souto en dirección a Friol e á altura do km 8, lugar de Fondevila, tomamos a desviación á dereita e seguimos ata chegar á igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!