SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Relixioso
132
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Trobe (Santo André)

Lugar: Vilarpiñeiro

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 45.0" N - 8º 30' 32.0" W

Descrición

A construción foi levantada en 1858 por Andrés Bebetos, artista polifacético e autodidacta oriundo da zona. Súas son tamén as imaxes e o crucifixo do interior e o cruceiro que se atopa nas inmediacións. Outras obras destacables deste autor son o Neno Xesús da Igrexa Parroquial de Santo André de Trobe, e o Neno Xesús da Corticela (Catedral de Santiago). A edificación é de planta rectangular cun corpo pegado nun lateral que no seu primeiro tramo consta de varios arcos porticados e que remata en forma de capela cun balconcillo. Na fachada, sobre a portada, unha fornela expón unha imaxe policromada da Virxe dos Remedios. A continuación un escudo en pedra que orixinariamente presidiu o taller do artista. Remata a fachada unha espadaña cunha campá e que sostén outra campá exenta.

Acceso

Dende o concello colleremos a DP-8203 dirección Ourense, no primeiro cruce á dereita, enlazamos ca DP-1202 continuando ata o final da estrada que leva a un cruce na AC-241 o cal colleremos de novo á dereita dirección Pontevea, alí continuaremos ata ver a man esquerda o campo da festa e a uns 200m. nun cruce (teremos un panel indicativo rosa que pon “Capela dos Remedios”) teremos que torcer á esquerda e continuaremos ata o seguinte cruce a man dereita. Seguiremos as indicacións “Capela dos Remedios” e chegaremos ó noso destino.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba