IGREXA DE SAN MAMEDE DE RIBADULLA

Relixioso
1110
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Mamede de Ribadulla (San Mamede)

Lugar: San Mamede

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 12.0" N - 8º 26' 27.9" W

Descrición

A orixe da igrexa remóntase á segunda metade do s. XII. É de planta rectangular, de nave única rematada en ábsida con dobre arco central. Está decorado con arcadas cegas e sobre columnas e capiteis de estilo románico. O capitel Sur presenta unha decoración vexetal e o Norte animais entrelazados. Os retablos Maior e do Rosario son barrocos (s. XVIII). Na fachada principal cabe destacar a espadaña de dobre campá e rematada en triángulo con arco.
Próximo á igrexa destaca o cruceiro do s. XVIII.

Acceso

Dende o concello de Vedra colleremos a estrada DP-8203 dirección Ourense a cal se une á DP-1202 e seguiremos ata un cruce que ten un illote e un farol no medio onde colleremos cara a dereita ata o remate da estrada, no cal colleremos á dereita na CP-9801 e seguiremos ata o final. Alí, colleremos á esquerda na AC-241 dirección A Ponte Ulla. Continuaremos pola estrada ata un cruce que pon Merín, Fraiz, Os Muiños  onde colleremos cara a esquerda. Por alí seguiremos ata chegar ó primeiro cruce que iremos á dereita e no seguinte cruce cara a esquerda e outra vez cara a esquerda e xa nos levaría diante da igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!