IGREXA DE SANTA MARÍA DE BELUSO

Relixioso
1611

Localización

Parroquia: Beluso (Santa María)

Lugar: A Roza

36939  Bueu - Pontevedra

Coordenadas:
42º 19' 50.9" N - 8º 48' 48.9" W

Descrición

Igrexa que xa aparece en escritos do século XII e que abrangue dende o estilo románico ata o neoclásico. De planta de cruz latina, conta no interior con bóveda de canón, manifestada no exterior por tres contrafortes.
O seu corpo principal é do século XVI, ao que se lle engadiron as capelas en reformas posteriores. O campanario foi reconstruído en 1886, despois de que o antigo fora derrubado por un vendaval.
O interior posúe dúas pedras armeiras exactamente iguais, ambas colocadas nas paredes laterais da capela maior. No seu campo figuran dous dragóns afrontados, cun B entre as fauces; bordura cargada de oito vieiras, armas da liñaxe Ibáñez de Mondragón.

Acceso

Saíndo de Bueu en dirección a Cangas, pola estrada PO-551, tras percorrer 3 km, chegamos a un cruzamento; se tomamos o desvío á dereita lévanos a Cabo Udra. A 500 metros do cruzamento, atoparemos a igrexa na marxe dereita da estrada.
Arriba