IGREXA DE SAN SALVADOR DE COIRO

Relixioso
1529

Localización

Parroquia: Coiro (San Salvador)

Lugar: O Igrexario

Rúa: Igrexario 1

36947  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 57.9" N - 8º 46' 16.9" W

Descrición

A Igrexa parroquial de San Salvador de Coiro é de estilo Barroco, aínda que é moi probable que existise unha construción de época máis antiga. Áchase encravada nunha paraxe natural de grande valor ecolóxico e dende o cal se pode obter unha excelente vista panorámica do municipio e da ría de Vigo. Consta dunha única nave cuberta con bóveda de estrela, sendo esta de nervios no presbiterio. Destaca ao exterior a súa gran Torre Campanario, dunhas proporcións notables e que parece non gardar relación co resto da estrutura eclesial. Esta Torre é máis grosa cara ao centro e foi construída no século XVIII polos mestres Novás de Tui.

Acceso

Dende o Concello dirixímonos á avenida de Ourense, onde xiramos á esquerda en dirección a Coiro-Espírito Santo. Tras percorrer 3 km., seguimos unha desviación que nos conduce á igrexa.
Arriba