Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DO ESPIÑO DA EIRITA&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DO ESPIÑO DA EIRITA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/6225/capela-do-espino-da-eirita?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Igrexa de estilo renacentista en orixe (1545). Presenta unha planta rectangular, dunha soa nave, cunha ábsida cuadrangular que sobresae volumetricamente do conxunto. Os muros son de cantería e cachotería, ordenados no interior con seis arcos de medio punto pegados. A cuberta é a dúas augas na nave e a catro augas no presbiterio, rematada nos vértices por pináculos e no centro por unha cruz. A fachada presenta unha porta de acceso alintelada, destacando a espadana dun só van rematada nunha cruz. Tamén coñecida como a Capela da Eirita, pertenceu a un pazo anexo ao Marqués de Serra, abandonado e posteriormente destruído, ao igual que a capela, que foi, non obstante, reconstruída en 1988.
Forma conxunto cunha fonte de augas milagreiras, a onde se ía de procesión a pedir a chuvia e a pena da Santa, monte ao que se subía a pedir o sol.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.