CAPELA DO ESPIÑO DA EIRITA

Relixioso
1562

Localización

Parroquia: Anos (Santo Estevo)

Lugar: A Eirita

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 03.9" N - 8º 54' 23.0" W

Descrición

Igrexa de estilo renacentista en orixe (1545). Presenta unha planta rectangular, dunha soa nave, cunha ábsida cuadrangular que sobresae volumetricamente do conxunto. Os muros son de cantería e cachotería, ordenados no interior con seis arcos de medio punto pegados. A cuberta é a dúas augas na nave e a catro augas no presbiterio, rematada nos vértices por pináculos e no centro por unha cruz. A fachada presenta unha porta de acceso alintelada, destacando a espadana dun só van rematada nunha cruz. Tamén coñecida como a Capela da Eirita, pertenceu a un pazo anexo ao Marqués de Serra, abandonado e posteriormente destruído, ao igual que a capela, que foi, non obstante, reconstruída en 1988.

Forma conxunto cunha fonte de augas milagreiras, a onde se ía de procesión a pedir a chuvia e a pena da Santa, monte ao que se subía a pedir o sol.

Acceso

Na estrada C-552, desvío hacia Anos na CP-1402. Pasada a parroquial de Anos, pillamos a estrada hacia Cundíns.
Arriba