IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE CORCOESTO

Relixioso
1063

Localización

Parroquia: Corcoesto (San Pedro)

Lugar: A Rectoral

15111  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 27.0" N - 8º 50' 26.9" W

Descrición

Igrexa barroca de tipoloxía rural, que presenta unha planta de forma rectangular, cunha soa nave, rematada nunha ábsida cuadrangular, separada da nave por un arco triunfal. Conta con dous pequenos corpos engadidos á nave principal e unha sancristía pegada na parte posterior. A cuberta é a dúas augas con tella curva. Os muros son de cachotería de granito encintada, con magníficas pezas de cadeirado á vista nos esquinais e os vans. Na fachada principal, enmarcada por dúas vellas camelias, ábrese unha porta alintelada, sobre a que se coloca un van abucinado e unha fornela decorada coa figura de San Pedro. Sobresae a torre-campanario, de grandes proporcións, planta cuadrangular e dous corpos; no inferior sucédense catro arcos de medio punto, que conteñen as campás, e no superior destaca unha cúpula sobre tambor de sección octogonal, rematado nun pináculo.

Acceso

En Ponteceso, tómase a LC-423 cara a Agualada. Tras pasar o cruce de Beres, e A Silvarredonda existe un desvío á esquerda cara Corcoesto, pasado o local social (antiga escola) xa atopamos a igrexa.
Arriba