CAPELA DE SANTA MARGARIDA DE BANEIRA

Relixioso
1267

Localización

Parroquia: A Silvarredonda (San Pedro)

Lugar: Baneira

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 51.0" N - 8º 51' 07.9" W

Descrición

Pequena igrexa barroca, de tipoloxía rural, que presenta unha planta rectangular, dividida entre a nave e a ábsida por un arco triunfal. A ábsida mostra dúas alturas: a planta baixa dedícase a capela, mentres que o piso superior é a vivenda do párroco. Os muros están recebados agás nos vans. A cuberta é a dúas augas. Ten unha porta lateral de acceso e unha fachada principal sobria, onde se abren unha porta principal e un ventanuco alintelados. Preto da capela destaca unha bonita fonte milagreira de pedra.

Acceso

En Ponteceso, tómase a LC-423 cara a Agualada. Tras pasar o cruce de Beres e A Silvarredonda, existe un desvío á esquerda cara Baneira e Corcoesto, a capela atopámola nesta estrada.
Arriba
Axúdanos a mellorar!