IGREXA DE SAN PEDRO SILVARREDONDA

Relixioso
1108

Localización

Parroquia: A Silvarredonda (San Pedro)

Lugar: A Silvarredonda

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 09.0" N - 8º 52' 18.9" W

Descrición

Igrexa barroca de tipoloxía rural, con planta rectangular dunha soa nave con ábsida cuadrangular, á que se accede por medio dun arco triunfal. Os muros son de pedra revogada, agás nos vans, onde se deixa á vista o cadeirado. No exterior destaca a diferenza de volume entre a nave principal, que sobresae en altura, e o presbiterio, máis baixo. A cuberta é a dúas augas. Na fachada principal destaca a espadaña de dúas vans de arcos de medio punto, rematada por pináculos cunha cruz no centro.

Acceso

En Ponteceso, tómase a LC-423 cara a Agualada. Tras pasar o cruce de Beres, chegamos A Silvarredonda onde existe un desvío á dereita que pasa pola igrexa.
Arriba