IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE ROZAVALES

Relixioso
457
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rozavales (Santa María)

Lugar: Rozavales

27413  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 15.0" N - 7º 24' 47.0" W

Descrición

Está situada no núcleo de Rozavales. A súa planta de cruz grega ten nave con cuberta de madeira a dúas augas e capelas nos brazos do cruceiro co que comunican con arcos de medio punto. O arco triunfal é peraltado. A capela maior presenta catro vertentes e a sancristía está acaroada ao alzado norte do presbiterio. Presenta un pórtico cuberto diante da capela esquerda. O retablo maior neoclásico, xaspeado, e con ornamentación rococó e inscrición SE REEDFICO Y PINTO AÑO DE 1846 presenta entre outras a escultura da Asunción.  É interesante unha imaxe de Santa María sedente co neno en brazos de tradición románica e gusto goticista. O topónimo Rozavales e a igrexa parroquial espertan en tempos recentes especial interese. No caso do templo destacan algunhas curiosidades como unha pequena ventá de pedra na zona do altar de tipoloxía prerrománica ou o feito de que os tres arcos do interior do templo arranquen directamente do solo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!