IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE COVAS

Relixioso
1205

Localización

Parroquia: Covas (Santiago)

Lugar: Covas

27680  Baralla - Lugo

Coordenadas:
42º 51' 49.9" N - 7º 18' 15.0" W

Descrición

Igrexa de orixe románica con algunha reforma de época barroca. Presenta unha bonita entrada porticada na que se combinan piares de xisto e columnas de granito de época románica con capiteis historiados.

Acceso

Antes de entrar en Baralla, dende Lugo, á dereita, temos a estrada LU-621 a Láncara, metémonos por aquí e a 7 km. (km. 14,5) á esquerda, está o indicador Puente de Covas. Seguimos por aquí e antes de chegar á ponte hai unha pista sen asfaltar paralela ao río, seguímola a 500 m. está a igrexa, pasado a vila.
Arriba