IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE AGUADA

Relixioso
1169

Localización

Parroquia: Aguada (Santa Baia)

Lugar: A Eirexe

27529  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 12.0" N - 7º 52' 47.9" W

Descrición

Obra de comezos do século XIII, con reformas do XVI/XVII e o XX. De nave rectangular, con muros de cadeirado de granito e cuberta a dúas augas. A sancristía é unha reforma do século XVI ou XVII, e a fachada e campanario de principios do XX. A porta dereita a forma un arco apuntado, con arquivolta de touro, gornición de tacos, columnas dunha orde, e impostas con rombos. Os capiteis son variados, con tímpano sen ornamentación sobre mochetas decoradas. En cada lateral da nave ten dúas seteiras con arco e derramo interior. A ábsida con arco triunfal e faixón de tendencia apuntada, sobre columnas pegadas e capiteis de follas e aves. Bóveda de canón apuntada. No testeiro ten un ventanal con arco de medio punto, arquivolta de baquetón, gornición floral, imposta de perlas e columnas acodilladas con capiteis vexetais. Canecillos no tellado con ornamentación variada. Portas con decoración xeométrica, seteiras e canecillos. Torre sobre o muro do frontis, con tres corpos e vans apuntados.

Acceso

Partindo de Castro en dirección a Barrela, que está a 2,4 km. Alí tomar a LU-901 dirección Cea, a 6 km. tomar desvío á dereita sinalizado (LU-P 10-05) e a 1 km. atópase o recurso. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!