IGREXA PARROQUIAL DE SAN GREGORIO DE FURCO

Relixioso
945

Localización

Parroquia: Furco (San Gregorio)

Lugar: Furco

27527  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 21.9" N - 7º 54' 02.0" W

Descrición

Edificio do século XVIII de nave rectangular con cuberta a dúas augas, capela maior situada detrás da cabeceira e sancristía pegada ao alzado norte do presbiterio. Fachada dividida en dous corpos e coroamento. Acróteras piramidais nos ángulos do tellado da capela maior. Muros de cadeirado granítico e espadana de dous corpos e coroamento, con dous vans no baixo e pirámides nos ángulos e no cimacio. Retablos con esculturas no interior. Está aberta en horas de culto.

Acceso

Partindo de Castro, tomar dirección A Barrela, que está a 2,4 km. Alí tomar a LU-901 dirección Cea e a 400 metros tomar a LU-P 10-02. A 8 km. atópase o recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!