TORRES DE CEREIXO

Civil
495

Localización

Parroquia: Cereixo (Santiago)

Lugar: Porto de Cereixo

15121  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 55.9" N - 9º 07' 37.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Situado sobre a Ría domina o fermoso núcleo do Porto de Cereixo. Sobre unha pequena península destaca polo seu aspecto militar, con dúas torres ameadas e corpo central uníndoas.
Aínda que de orixe anterior o actual pazo foi construído no século XVII pola familia Carantoña. Sobre o arco de entrada, distinguiremos os escudos dos Montenegro (un "M" facilmente identificable), os Bermúdez (cuadrículas ou casas), os Castro de Lemos (seis formas circulares ou roeis), os Soutomaior (bandas horizontais), os Mendoza (aspas e a imaxe do Ave María), os Figueroa (follas de figueira) e os Andrade (dúas cabezas de dragón). No muro lateral vemos os emblemas dos Moscoso (unha cabeza de lobo), os Carantoña (unhas mans), os Caamaño (un piñeiro) e os Guisamonde (unha torre).

Acceso

Dende Ponte do Porto, tomar estrada a Muxía. a menos de 300 metros levántanse as Torres.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba