FORTALEZA DE MONTERREAL

Civil
6980
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Baiona (Santa María)

Lugar: Baiona

Rúa Jesús Valverde s/n

36300  Baiona - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 31.9" N - 8º 51' 00E-" W

Descrición

O primitivo recinto amurallado data do século II a.c. Importantes obras posteriores foron mandadas executar por Alfonso IX de León (fins XII/principios XIII) e Felipe IV, promotor de importantes reformas nas murallas. O edificio actual substituíu o que mandase levantar o marqués do pazo da Mercede, Don José Elduayen, como residencia estival, sobre o antigo soar ocupado polas ruinas dun convento franciscano. O actual conxunto distribúese dentro dunha superficie que rolda as 18 hectáreas, combinándose elementos antigos de marcado carácter militar cos modernos creados como consecuencia do establecemento do Parador Nacional. Sobresaen a Porta do Sol - a máis antiga das tres que franquean o acceso ao interior -, a Torre da Tenaza utilizada antigamente como polvoreira e prisión, a Porta Real do século XVI blasonada cun grande escudo da casa de Austria, a Porta de Felipe IV en honra a este monarca, a Torre do reloxo de considerable altura e coroada por ameas, e a Torre do Príncipe así denominada probablemente debido ao feito histórico de que nela estivo cara a 1137 o príncipe luso Alfonso Enriques, prisioneiro de Alfonso VII. Presenta un excelente estado de conservación, pertencendo na actualidade ao Ministerio de Energía, Turismo e Axenda Dixital, achándose no seu interior o Parador Nacional Conde de Gondomar, edificio en forma de L e de traza pacega, moi en consonancia co ámbito.

Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba