CASA MODERNISTA NA RÚA PABLO IGLESIAS

Civil
1014
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Rúa Pablo Iglesias 25

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 42.1" N - 8º 51' 55.8" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Levantouse a comezos do século XX. Composta por baixo e dous pisos e bufarda. No baixo destaca unha porta de arco rebaixado. No primeiro piso dúas fiestras con molduras semicirculares, pilastras acaroadas a ambos lados das mesmas e un friso corrido de motivos vexetais. No segundo piso hai outras dúas fiestras con arco e motivos florais e repítese o motivo do friso. A bufarda remata o edificio con formas caprichosas. Todos os pisos teñen unha balconada con formas decorativas modernistas con motivos vexetais.

Acceso

Situada no mesmo pobo de O Grove, preto da Praza do Corgo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!