ANTIGO CONXUNTO CONVENTUAL

Civil
1195

Localización

Parroquia: Ortigueira (Santa Marta)

Lugar: Ortigueira

Praza Isabel II

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 07.9" N - 7º 51' 11.0" W

Descrición

Aberto de luns a venres de 8 a 15 h.
O antigo Conxunto Conventual da vila de Santa Marta de Ortigueira ocupa unha extensión de 5.000 m² formado hoxe en día pola igrexa parroquial, as dependencias municipais e o teatro da Beneficencia.
A igrexa parroquial, de estilo barroco, foi erguida de nova planta no 1776, despóis de que un incendio destruiraa a mediados do século XVI. O retablo do altar maior, policromado, atribúese a Juan Domínguez de Estivada.
As antigas dependencias conventuais de dobre planta e vertebradas en torno a un claustro central foron expropiadas aos Dominicos no 1835. No acceso á segunda pranta atopamos tres escudos labrados en pedra, antigos emblemas de Ortigueira.

Acceso

Coller a AC-862 ata a vila de Santa Marta de Ortigueira e alí desviarse cara ao Porto Deportivo. Dende o porto tomar a Travesía da Alameda e ao final xirar á esquerda para acceder á Praza Isabel II.
Arriba