Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASTELO DE MASID OU DE FERREIRA&body=Recoméndoche que leas a información CASTELO DE MASID OU DE FERREIRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7152/castelo-de-masid-ou-de-ferreira?langId=gl_ES
Propiedade privada non visitable. Sen perxuizo do cumprimento de apertura e visita atendendo a súa declaración legal, actual ou futura.
Construción orixinal do s. XI, pero sofre reformas posteriores posto que foi abatido polo movemento irmandiño, as máis significativas no s. XIV e s. XIX. Vinculado á familia Arias de Masid e aos Condes de Lemos. Na fachada destaca unha ventá, de estilo plateresco, enmarcada por dúas columnas estriadas xentas apoiadas nunha base labrada e coroada por un tímpano semicircular en forma de vieira. Exemplo de arquitectura defensiva medieval cun pazo pegado e unha torre da homenaxe cadrada e ameada, con portas enmarcadas por arcos semicirculares e tímpanos sobre ménsulas esculpidas. Muro de peche con dobre porta de entrada e un escudo.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.