TORRE DE ADELÁN OU CASA DE BASANTA

Civil
1178

Localización

Parroquia: Adelán (Santiago)

Lugar: A Igrexa

27773  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 02.0" N - 7º 23' 36.9" W

Descrición

O edificio érguese sobre pranta cadrada con dous engadidos. A cuberta é a catro augas e granecida de lousa do país. A fachada principal componse de tres zonas, a primeira é un corpo de dous andares e baixo con catro ocos de ventanais con pequenos balcóns de antepeito. A seguinte contén unha entrada ao piso principal ao que se chega por unha amplia escalinata de granito con baranda. No segundo andar desta parte aparece unha solana sostida por catro columnas. A terceira zona está ocupada pola torre de base cadrada con tres pisos e un ventanal en cada andar e cara. O escudo de armas atópase sobre a porta de entra ao segundo dos corpos. Trátase dun escudo mantelado no que hai unha árbore e ao seu pé unha fonte con auga, unha serpe descabezada e un signo de Salomón. O conxunto complétase cun muro de granito con portalón de madeira. Propiedade privada non visitable.

Acceso

Partindo de Burela dirixímonos a Ferreira e dende aquí cara a Mondoñedo. a 6.5 kms está Adelán. Aquí debemos achegarnos pola estrada de Mondoñedo ata o ramal que vai cara a Carballido e Santo Acisclo Acisclo, e a 50 mts. está o Pazo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!