Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PAZO DA PASTORA&body=Recoméndoche que leas a información PAZO DA PASTORA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7339/pazo-da-pastora?langId=gl_ES
Propiedade privada non visitable. Sen perxuizo do cumprimento de apertura e visita atendendo a súa declaración legal, actual ou futura.
É unha construción rectangular con dúas torres nos extremos de cadeirado e cachotería encalada nalgunhas zonas. Ten dúas plantas. A fachada principal, orientada ao norte e de harmoniosas proporcións, está composta por un corpo central encalado e flanqueado polas torres. Na planta principal atópanse as ventás e un balcón con frontón triangular. Sobre a porta hai un escudo de armas alintelado. A fachada posterior consta dun amplo corpo central e dous máis estreitos nos laterais. Na planta nobre destaca a presencia de 7 balcóns e, na cornixa, un magnífico escudo, cun curioso detalle escultórico. A fachada suroeste data de 1815.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.