PAZO DA PASTORA

Civil
2115
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa do Conde

36210  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 09.9" N - 8º 43' 37.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Sen perxuizo do cumprimento de apertura e visita atendendo a súa declaración legal, actual ou futura.

É unha construción rectangular con dúas torres nos extremos de cadeirado e cachotería encalada nalgunhas zonas. Ten dúas plantas. A fachada principal, orientada ao norte e de harmoniosas proporcións, está composta por un corpo central encalado e flanqueado polas torres. Na planta principal atópanse as ventás e un balcón con frontón triangular. Sobre a porta hai un escudo de armas alintelado. A fachada posterior consta dun amplo corpo central e dous máis estreitos nos laterais. Na planta nobre destaca a presencia de 7 balcóns e, na cornixa, un magnífico escudo, cun curioso detalle escultórico. A fachada suroeste data de 1815.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!