PAZO DE MONTELÉN

Civil
1036
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Paradela (San Paio)

Lugar: Montelén

Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 06.6" N - 7º 56' 17.9" W

Descrición

Pazo con planta rectangular, segunda planta de dimensións máis reducidas, realizado en sillería de granito, con tellado a catro augas e porta con lintel superior no lateral. Presenta unha fachada de cadeirado, arco de medio punto, e un pequeno escudo que puidese facer referencia aos peregrinos que transitaban polo Camiño de Santiago, aínda que esta interpretación non se considera totalmente certa.

Acceso

Desde Santiago de Compostela collemos a estrada N-547 ata a localidade de Melide, na glorieta do pobo desviarémonos á esquerda pola estrada AC-840 en dirección Curtis/Betanzos durante cincocentos metros ata o seguinte cruce onde desviarémonos á dereita para desplazarse pola estrada DP–4604 pola Avenida Toques-Friol. Percorrer por esta estrada oito quilómetros e no lugar de Fondevila coller o segundo desvío á dereita para coller a pista municipal que chega o destino, pasando primeiro pola Igrexa de Paradela antes de comezar a ascensión ao Lugar de Montelén.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba