RECTORAL DE SAN MIGUEL DE BUCIÑOS

Civil
832

Localización

Parroquia: Buciños (San Miguel)

Lugar: Buciños

27529  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 18.1" N - 7º 51' 09.3" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Está formada por dous corpos de planta rectangular e dúas plantas. Os muros que a conforman son de cachotaría e cadeirado de granito. Na fachada principal ten un escudo. Está rodeada por unha horta pechada cun muro de cachotaría.

Acceso

Partindo de Castro (Carballedo) en dirección a Barrela, que está a 2,4 kms. Aquí tomamos dirección Cea. A 1 km tomar desvío á dereita sinalizado (LU-P 10-09) e a 1 km atopa a Casa Rectoral.
Arriba