CASA DA ENCOMENDA

Civil
503
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Hospital (San Salvador)

Lugar: O Hospital

27320  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 21.9" N - 7º 14' 40.4" W

Descrición

PROPIEDADE PRIVADA NON VISITABLE
Coñécese tamén como a casa da Condesa, atópase ó carón da igrexa parroquial. Edificio de grandes dimensións pero na actualidade moi transformado por reparacións sucesivas, de todos os xeitos o caserón conserva o encanto dun pasado de grandeza. É de destacar sobre todo o estado excepcional da adega. Na fachada atopámonos cun escudo de armas acuartelado por unha árbore e estacas, un lobo sobre ondas, un dado con un lis e unha serea e no último un Castelo de tres torres.   

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba