CASTELO DE OS NOVAIS

Civil
1757
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sequeiros (Santa Mariña)

Lugar: O Castelo

27320  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 27' 34.9" N - 7º 14' 51.9" W

Descrición

Atópase encravado sobre unha crista rochosa, no medio dunha vila semiabandonada. Conserva restos de tres bastións sucesivos. Hai restos de muros, fosos e defensas; ventás de derramo interior e portas circulares. O conxunto do castelo e da vila é unha paraxe inigualable. Dende aquí divísase o río Sil. Neste castelo habitaron ao longo dos séculos XVI e XVII os Comendadores, que se titulaban Cabaleiros Hospitalarios da Orde de San Xoán de Xerusalen.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!