TORRE DE TERRAFEITA

Civil
821
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Trabada (Santa María)

Lugar: O Pacio

27765  Trabada - Lugo

Coordenadas:
43º 26' 58.3" N - 7º 11' 52.4" W

Descrición

O edificio foi construído en 1557. Ten planta cadrada. Planta baixa e dous pisos. Construíuse en cachotaría de lousa con esquinas reforzadas con lousas de granito.
A porta principal está decorada con columnas estriadas que sustentan unha cornixa decorada con ovas. Franquean a porta dúas troneiras. Presenta un escudo no centro da fachada. Realizado en mármore, ten gravado unha coroa de loureiro, un castelo, un busto de cabaleiro e coróao unha aguia.

Acceso

Partindo de trabada en dirección Lourenzá, a 200 metros á dereita tómase desvío cara ao Pazo que a vai dende a estrada.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!